HISTORIA

O Festival Arreaocabo é un festival de música rock que ten ubicación no pobo mariñeiro de Celeiro, pertencente ao Concello de Viveiro, na Mariña Lucense.

Da mán da ACD PENALBA-COLECTIVO CHILINDRÍN, que se encarga da súa organización,  pretende  ofertar  e  promocionar  algunha  das  mellores agrupacións musicais do panorama estatal español, as mellores e máis contrastadas agrupacións da escea galega, que leven como bandeira o noso idioma, e incluso dar a algún grupo novel a posiblidade de que esta proposta lle sirva de plataforma.

No ano 2006 nace o festival.  Nesta  primeira  edición puidemos contar coa actuación de grupos tan contrastados dentro do panorama musical galego que xa se convirten en veteráns, como son o grupo  de  folk  Os  Cempés  e  os rockeiros de Zenzar. Ademáis de estas dúas agrupacións tamén contamos con Dios Ke Te Crew, co seu hip hop directo e combativo en lengua galega, e co grupo local Lisar Friends. Este primeiro capítulo  do  Festival Arreaocabo superou as expectactivas da organización ao asistir a él sobre 500 persoas.

 

A boa acollida que entre o público tivo a primeira edición provocou que o Colectivo Chilndrín se embarcase de novo na aventura de organizar este evento outro ano máis. O ano 2007 o festival pegou un grande brinco de calidade en canto a medios técnicos se  refire. Ademáis,  nesta  edición, disfrutamos coa presenza como cabezeira de Porretas, un dos grupos con  máis  trascendencia e historia dentro do panorama rockeiro español. Xunto a Porretas estiveron a banda de rap metal en galego Nao, o grupo Oferta Especial cun punk ska moi ben elaborado; e os locais Twenty Fighters e Anger Second. O salto de calidade veuse refrexado na asistencia ao evento que se superou as mil de persoas.

A máquina segue en marcha un ano máis, e van tres. O Colectivo Chilindrín volve a partir na aventura de organizar outra edición do festival Arreaocabo, unha vez máis apostando por un cartel variado e interesante. Os protagonistas deste Arreaocabo´08 foron dous nomes punteiros na escea metal española como son os navarros Koma e os veteranos Def Con Dos,  unha  banda  viguesa  moi experimentada no ámbito do punk rock  como  Skacha,  os  arturianos Skama La Rede e as bandas locais Rain is  Art  e  Anger  Second.  En  canto  á asistencia  rondaronse  os  dous milleiros de persoas, o cal tendo en conta que case dobra a asistencia do ano pasado e que Celeiro é un pobo cun censo que non chega ás 3000 persoas,  obriga  á  organización  a continuar con esta proposta musical un ano máis.

De novo, no 2009 o Colectivo  Chilindrín embárcase na organización da cuarta edición do festival. Contando co mellor cartel  dos  catro  anos  anteriores. Apostouse por un cartel multicultural no que se potenciou a música realizada en  varios idiomas, o galego, castelán, euskera e inglés. Demos  cabida  aos  grupos  locais Bytheface  e  Twenty  Fighters, presentando  o  seu  último  disco. Participou ademais un grupo emerxente na  escea  de  hardcore  en  galego  Sem resposta. Dende Euskadi, Betagarri, un dos grupos punteiros na escea ska vasca e estatal, con potentes temas en Euskera e mistura de estilos entre ska, reggae, rock e fuck. Dende  Galicia,  Lamatumbá,  un  dos mellores  grupos galegos dos últimos anos, dende Ourense, cunha mistura de ritmos de aquí e de alá, cumbias, reggae, ska ou pasodobles fixeron bailar as case dúas  mil  persoas  que  asistiron  ao festival. Por último saiu a escea, Boikot, a banda madrileña,  cun  dos  mellores  e  máis potentes discos do seu estilo no estado español, que deixaron o resto e  fixeron disfrutar a todo o público presente na explandada do Parque de Lavandeiras de Celeiro. Destacamos  na  edición  do  2009  o impulso outorgado á zona de mercado, e sobre todo á de acampada, onde varios centos de festivalerios pasaron a noite logo de rematar o festival.

O ano 2010 foi o ano do quinto aniversario do Festival Arreaocabo, un dato que non pasou desapercibido e un pasiño máis na consolidación definitiva do festival como cita obrigada todos os meses de xullo en Celeiro (Lugo). Co  fin  de  poder  financiar  o  festival,  e mantendo a calidade, mantivemos o prezo módico da entrada a 5 euros, para garantir que todos os bolsillos puidesen participar no festival.  Para  esta  quinta  edición contamos co grupo local Rain is Art cunha gran  dose  de  metal  viveirense.  Como homenaxe  aos  primeiros  grupos  do arreaocabo decidimos repetir con Zenzar un dos históricos grupos de rock galego, que seguen, pese a todos os problemas da música rock actual, loitando enriba dos escenarios. Unha dose de rock galego, pero en español trouxoa Jabon Blue, de Javi Maneiro o ex de Heredeiros da Crus, cun potente directo para todos os públicos. Dende Euskadi, Segismundo Toxicómano, con 13 anos de historia, deixou unha gran mostra  do  seu  potente punk vasco, con letras de contido agresivo e estribillos pegadizos no escenario de Lavandeiras. Para rematar o V  aniversario do arreaocabo subiron ao escenario Kaotiko, tamén dende Euskadi, un gran grupo do panorama punk estatal, que fixo as delicias dos máis dun milleiro de festivaleiros que se xuntaron na explanada de Lavandeiras.

Na VI edicion do festival Arreaocabo a organización  tivo  novamente  a posibilidade de organizar o festival de balde durante as Festas de Celeiro. Este ano volveu a incrementarse o público asistente  achegándose  novamente  ás dúas mil persoas. Logo do contundente inicio do festival coas tres bandas locais de Viveiro, Yuno, Rain  is  Art  e  Bytheface,  subiron  ao escenario  os  vigueses  Kogito,  que deixaron boa  mostra  do  bo  facer do rock-ska galego. Como cabeza de cartel contabamos con El último ke zierre, que chegaron dende Castellón co seu excelente punk-rock de letras  comprometidas  e  en  constante evolución  dende  a  súa  fundación  aló polo ano 1987. A mellor música estatal deuse cita outra vez no arreaocabo, para o  disfrute  de  toda  a  xente que quixo unha vez máis, disfrutar da boa música en Celeiro

A séptima edición do festival Arreaocabo foi  unha  das  de  maior  calidade  da historia. Por fin, e logo de moitos anos agardando,  puidemos  contar  coa presencia do grupo de rock galego por excelencia,  Os  Heredeiros  da  Crus. Novamente  máis  de 1500  persoas,  se achegaron a Celeiro para  disfrutar do contundente  directo  do  grupo  de Ribeira. Ademais na edición do 2012, contamos con  Medomedá  e  Skarallaos,  grupos referentes  na  música  de  Galiza  en galego,  que  demostraron  que  hai canteira no rock galego; e cos locais Yuno e Back to 1984.  A organización do ano 2012 demostrou novamente que o festiaval arreaocabo goza de moi boa saúde e que seguirá traballando para lograr a continuidade dun festival xa referente no panorama  festivaleiro de Galicia.

A oitava edición do festival, o VIII Arreaocabo´13, tivo lugar coma os anos anteriores na Explanada de Lavandeiras en Celeiro. Nesta ocasión a entrada foi gratuita. De novo, unhas 1500 persoas vibraron en Lavandeiras coa música de Miguel Costas, The Lakazans, Terbutalina, Sunday Morning Club e Factory.

 

Copyright © Chilindrin Penalba.