CLUBE DE REMO

 

 

O CLUBE DE REMO DE CELEIRO

TRABALLO, TRADICIÓN E DEPORTE

 

É indudable que Celeiro foi e é un pobo que sempre estivo en contacto permanente co mar. Desta maneira, o Remo en sí, forma parte da historia das súas xentes, primeiramente na loita diaria pola supervivencia e na actualidade como deporte, por acadar os mellores postos propios dunha competición tan sacrificada.

 

O remo tivo ao longo da historia de Celeiro un protagonismo propio, por un lado debido ás condicións deste deporte e aos seus vínculos ancestrais coa pesca nas súas máis diversas modalidades, e por outra pola propia condición do remo como instrumento motriz para os desprazamentos das pequeñas embarcacións que, xunto coa vela antes de aparecer os motores, eran as únicas formas de mover as mesmas.

 

TRABALLO.

Os Traiñóns.

Este tipo de embarcacións eran as que se utilizaban primeiramente nestas costas, sendo as mesmas de grandes dimensións dende os a 9 aos 12 metros de eslora, unha manga entre 1,80 e 2,40 m. e un puntal que ía dos 0,75 m ata 1,10 metros, cuns pesos entre os 600 e 800 kg. A pesares destas dimensións, eran relativamente rápidas e moi mariñeiras, navegando ben nas ondas. Estaban tripuladas habitualmente por 12-13 remeiros e un patrón, que normalmente era o propietario.

Ademáis dos remos, a maioría tamén tiña unha vela e adicábanse principalmente á pesca da sardiña, así como do bocarte ou chicharro. As redes que utilizaban eran as traíñas, uns aparellos de cerco de grandes dimensións de ata catrocentas brazas de longo, os chinchorros de caseque de duascentas e as rapetas de menor tamaño.

Despois de localizado banco de peixe, de largar e de meter as capturas e a arte a bordo, escomenzaba a regata cara a Praia de Lavandeiras, xa que non existía ningún muelle e as faenas de carga e descarga facíanse con traiñón barado na area. Os que chegasen primeiros tiña mellor venta na subasta.

 

 

 

 

Destes duelos escomenzaron as primeiras competicións oficiais.

 

Os Bateis.

Nesta época tamén surxen os denominados bateis, unhas embarcacións de menor dimensión que as traíñas, tamén adicadas á pesca, sobor de todo de anzuelo, nas proximidades da costa, a onde non podían chegar os traiñóns. Tiñan unhas dimensións duns 7 metros de eslora, 1,60 m de manga, e 0,40 m de puntal, e eran tripulados por tres ou catro homes, ao mando dun patrón.

Co paso do tempo, e coa introducción do vapor na navegación, estas embarcacións quedaron en deshuso  e apareceron en escena os “Boteiros”.

¿Qué eran os Boteiros?

Unha especie de corpo auxiliar no que enrolaba a máis atrevido, inquieto e laborioso da xuventude do pobo acostumados a remar dende antes de abandoar a escola, e que contribuían ao sostenemento económico das familias, relizando diversas tarefas, como podían ser: o transportes dos mariñeiros ás embarcacions fondeadas na ría, xa que non había muelles, nin calado suficiente, e tamén as descargas de peixe ata a Praia.

Unha xeración que tivo no bote e no remo unha parte importante da súa vida, chea de sufrimentos e de loita constante.

Co paso do tempo e coa construcción primeiro do muelle vello e logo do muelle novo, acabáronse os boteiros, xa que os barcos podían atracar no muelle sen necesidade de quedar fondeados na ría.

Todos os botes daquela época, o Déjame en paz, San Antonio, Virgen del Carmen, e outros, remataron a súa singladura morrendo sobor da area da Praia.

 

TRAIDICIÓN E DEPORTE.

Foron moitas as xeracions de rapaces e rapazas que aportaron o seu grao de area e suor a que un deporte autóctono como é o remo perdurara ata os nosos días no pobo de Celeiro.

O remo pois forma parte do noso pasado, presente e futuro, primeiramente como traballo e logo gardando unha tradición da nosa historia, como deporte.

Xa nos anos corenta, tense constancia de que se participaba en regatas de bateis, como a que se celebrou en Ribadeo en setembro de 1949, que ainda ostenta o record de máis tripulacións en liña de saida á vez, un total de dez. Foi unha regata interprovincial entre Lugo e Asturias, na que os de Celeiro acadaban a terceira praza por detrais de Abres e Ribadeo, e por diante de Castropol, Avilés, Foz, Viveiro, Figueras, Ribadeo “B” e Tapia. O mesmo ano, tamén se regateou en Viveiro, onde acadaron o primeiro posto.

Dende esas datas e ata o ano 1970, participábase de forma esporádica en competicións, e aínda que non se participara en regatas, si se adestraba, e así se mantivo sempre a tradicional regata de botes. Neste ano 70, fundábase o Clube de Remo Santa Ana, sendo Sr. José Sanjuan (Ché de Sanjuán) o seu máximo impulsor e “alma mater”, levando as rendas do clube ata o ano 1984, participando en moitas probas en Galicia e en Asturias.

No ano 1975 participaban por primeira vea nunha regata de traíñas. A embarcación, cedida polo clube de remo Navia, estaba en estado ruinoso, e foi reparada polo Sr. Sanjuán despois de moitas horas de traballo, deixándoa como se fose nova. Dado que non se daba xuntado para completar facer unha tripulación (trece remeiros e un patrón) optouse por facer unha mixta, xunto con remeiros de Castropol, levando de patrón ao mítico “Ricardo” de Castropol, un dos mellores de todo os tempos.

Logo participaron nunha regata en Navia e gañaron aínda que pouco durou a ledicia, xa que, para o outro día viñeron os de Navia e levaron a traíña coa disculpa de que a súa tivera un percance.

En varias ocasións participaron no campeonato galego, en diversas edicións do trofeo Ministro de Marina de Luanco e acudiron ao campeonato de España de 1980 en Luanco, Asturias, acadanto a 8º praza.

No ano 1984 o Sr. Sanjuán entregou o Clube á recién creada por aquelas datas Asociación Cultural e Deportiva Penalba, que ata os nosos días dirixe o mesmo. Iníciase entón unha nova andadura coa Presidencia de Juan Carlos Fernández Rodríguez que dura ata o ano 1998 no cal toma o testigo María Eugenia López Sanjuán ata o ano 2010, directiva composta por mulleres coa excepción dun home, dende o cal a Presidencia da Asociación compete a Bernardo Fraga Galdo ata o día de hoxe.

A partires do ano 1984 o Clube pasou a chamarse Clube de Remo de Celeiro, participando en regatas en toda a Costa Galega así como tamén noutras autonomías.

Durante estas etapas, estiveron ao frente do Clube como adestradores Manuel Real de Asúa, durante dous anos; Suso Fernández e Jacobo Fustes. Na nova andadura contouse co entrenador mugardés Marcos Peña e na actualidade o canteirán Pablo Piñeiro leva as rendas do mesmo.

                                                   

PALMARÉS

Como mellores resultados desta nova etapa pódense destacar os seguintes:

No ano 1993, 4º campeonato Galego, en O Grove, e 3º na Copa de Galicia en Tirán (Moaña), en Infantis Masculinos.

No mesmo ano 6º en traiñeiriñas en Categoría Xuvenil en Perillo (Oleiros).

No ano 1996, subcampeóns na Copa de Galicia coas tripulacións de féminas infantís/cadetes e xuvenís/seniors.

O mellor ano foi 1997 con dous terceiros postos no campeonato de España, en bateis e iolas a catro  con timonel coa tripulación de femeninas, infantis/cadetes, e o subcampeonato galego. Os nomes de Ainhoa Fernández Baño, María Pérez Santos, Iria Cotelo Cociña, María Uxia Díaz Lage, como remeiras, e Laura Pernas Rey, como patroa, perdurarán no tempo con letras maiúsculas no clube e na localidade.

O ano 1998 seguinte de novo acúdese a Castro Urdiales ao Campeonato de España e fíxose un merecido 4º posto, empañado coa lesión de Iria Cotelo, sustituída por Mayra Rego Louzao.

 

A partir deste momento o Clube incrementou a súa participación en canto a licencias, sendo os anos seguintes de transición. Participouse no Campionato de España de Iolas en Huelva. Intentouse sair cunha traiña, cedida polo remo de Ares cuns remos de Mecos do Grove, pero non foi posible facer unha tripulación.

ASemade tamén remeiros e remeiras foron cedidos polo noso clube para participar con outros clubes: no ano 1988 Jesús Álvarez Fernández (Jé), Manuel López Rodríguez (Manute) e Francisco Ramos Salgueiro (Chesco) acadoron o campionato Galego Norte de trainerillas coa tripulación de Ares, en Ferrol; 3º no Galego absoluto e 7º no de España en Luanco.

No ano 2000, tamén as féminas Noelia Lozano Bermúdez e Alina Costa Pose acadaron a 2ª praza no Campionato de España de Iolas celebrado en Cartagena, formando parte da tripulación do Clube de Remo de San Felipe de Ferrol.

Dende o ano 2003 ata o 2011 o Clube non tivo actividade intentándose no 2005 dar un empuxe ao clube pero non fructificou. Nese ano 2005 xuntáronse unha serie de veteranos que remaban no clube para logo, polas festas de Celeiro, organizar unhas regatas de bateis.

No ano 2011 e despois de renovar toda a Xunta Directiva, e baixo a presidencia de Bernardo Fraga Galdo, púxose de novo en funcionamento o Clube de Remo que, pouco a pouco vai incrementando coa participación de rapaces e rapazas.

No ano 2013 créase dentro do Clube de Remo Celeiro a sección de Remo Adaptado na cal xa temos logros. Este ano Alejandro González Pernas coroase como subcampión galego indoor de remo adaptado en Castrelo de Miño.

 

AS INSTALACIÓNS

O Clube de Remo Santa Ana tiña a súa ubicación na antigua fábrica de conservas "La Estaca de Vares" de José Sanjuán, na Rúa da Praia nº 23, nunhas instalación precarias.

 

 

 

Cando a A.C.D. Penalba se fixo cargo do Clube no ano 1984, usáronse as intalacións dos baixos da Casa do Mar de Celeiro, para seguidamente no 1986 pasar a unhas máis modernas nos baixos da Cofradía de Pescadores, onde estaría ubicado ata o ano 2002. No tempo que o Clube de Remo se instalo una Cofradía o ximnasio permanecía na Casa do Mar de Celeiro.

 

Dende o 2003, o clube ten a súa sede social no muelle sur de Celeiro, perto do helipuerto, nunha nave que pertence á Cofradía de Pescadores Santiago Apótolo de Celeiro.

 

Clube de Remo. Almacén nº20 do Muelle Sur de Celeiro

 

O local, consta de dúas plantas:

  • Na planta baixa  albérganse as embarcacións, vestiarios, foso de adestramento en terra para catro remeiros, así como oficina e vitrina cos perto de 360 trofeos.

 

Embarcacións, foso ao fondo e vestiarios á dereita

 

Foso

 

 

 

 

 

 

Oficina e trofeos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • Na planta alta albérgase un ximnasio completo. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

EMBARCACIÓNS

 

O Clube de Remo Celeiro conta coas seguintes embarcacións:

 

  • Batel de madeira construído no ano 1973 nos asteleiros Icazeta en Orio (Guipúzcoa) co nome SANTA ANA, adquiriuse por 25.000 pesetas.
  • Batel de madeira, construído no ano 1985 nos asteleiros Ruíz en Pontejos (Cantabria) co nome de VIRGEN DEL CARMEN, adquiriuse por 350.000 pesetas.
  • Batel de fibra de carbono construído no ano 1994 nos asteleiros Pedro Cuesta de Lugo co nome de SANTIAGO APÓSLOT, adquiriuse por 800.000 pesetas.
  • Batel de fibra-híbrido construido nos Asteleiros Amilibia en Orio (Guipúzcoa) co nome de SERENÍN, adquirido por 600.000 pesetas.
  • Batel de fibra de poliéster.
  • Traiña de madeira cedida á Asociación por Manuel Meitín dos asteleiros Icazeta de Orio (Guipúzcoa).
  • Traiñeirilla de fibra dos asteleiros Amilibia de Orio en Guipúzcoa.
  • Zodiac de adestramento marca Narwal co nome de PANCHITA adquirida por 200.000 pesetas.
  • Embarcación Atalaia de fibra de poliéster e motor de 10HP para adestramentos do clube cedida no ano 2013 pola Xunta de Galicia, Consellería do Mar e Medio Rural.

 

MEDIOS DE TRANSPORTE

  • Remolque de embarcaciones.
  • Vehículo. Furgoneta marca Renault Kagoo cedida pola Cofradía de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro a través do proxecto financiado polo GAC-1 Recuperación, Divulgación e Posta en Valor do Remo Tradicional na Ría de Viveiro, Lugo.

 

Copyright © Chilindrin Penalba.