HISTORIA

Comezos
ACD PENALBA DE CELEIRO

O ano 1993 foi un ano moi fructifero para a cultura de Celeiro. A APA do Colexio Pedrosa Latas, con José Antonio Abella Albo como Presidente, foi quen de por en marcha varias iniciativas musicais. No mes de febreiro facían a súa presentación o Grupo de Flautas e a Rondalla dirixidas por Manuel Rajal e Andrés Sánchez López, respectivamente. Así tamén comezaba a ensaiar o que sería a Coral Polifónica de Celeiro. No mes de Novembro arrancaba o Grupo de Gaitas, baixo da dirección de Antonio Sánchez López. 

 

No mes de setembro do 1993 un grupo de rapaces do pobo mariñeiro de Celeiro, Ginés Expósito Candia, Moisés Alonso Míguez e Jesús Fernández Fernández xúntanse coa idea de organizar uns campionatos deportivos na pista do colexio Pedrosa Latas. Póñense en contacto con Juan Carlos Fernández Rodríguez, para que os oriente na dita organización posto que él xoga e organiza o futbito de Viveiro, que se realiza na antigua pista da OJE. Así, gracias ás xestións de Juan Carlos,  se arranxa a pista do Colexio. Organízanse varios torneos de futbito e baloncesto. Ao remate desde campeonatos, no mes de decembro, e despois da boa acollida e resultado dos mesmos así como tamén de participar noutras disciplinas como era o balonmano, proponse a creación dunha asociación cultural e deportiva que abarque todo o relacionado coa cultura e o deporte de Celeiro, dado que outra serie de persoas estaban a falar, dende facía moito tempo, de crear unha asociación sen, tras diversas reunións, prosperar a mesma.

Empezáronse os contactos dirixíndose á Coral Polifónica de Celeiro, no seu lugar de ensaio, no Colexio Pedrosa Latas. Juan Carlos Fernández subido a unha cadeira dirixíase aos presentes para explicarlles o proxecto. Desa xuntanza, xunto con outras persoas, sairían os compoñentes da xunta xestora da ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA PENALBA DE CELEIRO, cuia acta fundacional data do 25 de Febreiro de 1984.  A mesma xestora convírtese na primeira xunta directiva. En data 17 de Abril de 1984 a Asociación vería aprobados os seus estatutos. Créase o logotipo composto por un timón como símbolo mariñeiro, un balón en representación do deporte, un libro pola cultura e unha pedra, a se atopa na parte máis alta do monte do Castelo de Celeiro, que se denomina “Penalba”, e que da nome á asociación. Este diseño foi obra do vocal José Antonio Abella Albo.

Presenta a asociación uns Estatutos nos cales, entre outros, se determinan como fins a promoción e difusión de iniciativas que favorezan o desenvolvemento persoal, humán, social, labora e cultural no seu ámbito de influencia; a organización de constante labor formativa e cultural-deportiva; o fomento e a integración das mulleres e das familias en todos os ámbitos; a atención á xuventude; a promoción da cultura; a participación, integración e convivencia das persoas maiores; o fomento, promoción e protección do medio ambiente; etc.

A Asociación dende  un principio participou en campeonatos comarcais con outras asociacións da Mariña Lucense, asi como en intercambios culturais. Así tamen realizaou no pobo diversas e variadas actividades dende teatro ata remo pasando por gaitas, danzas, conferencias, exposicións, talleres, bailes, a organización das festas patronais, etc.

Foron tres os Presidentes da Asociación ao longo deste tempo: Juan Carlos Fernández Rodríguez que capitaneou a PENALBA dende o seu inicio no ano 1984 e ata o ano 1997 que foi sustituido por María Eugenia López Sanjuán. María Eugenia dirixiu a asociación cunha directiva composta case na súa totalidade por mulleres, 10 mulleres e 1 home; en xaneiro do ano 2011 toma a batuta presidencial Bernardo Fraga Galdo que, xunto cun grupo de rapaces do pobo, son os que a día de hoxe organizan a actividade cultural e deportiva de PENALBA en Celeiro.

O gran evento que PENALBA logra ao longo destes anos de actuación, é a FESTA DA MERLUZA DO PINCHO DE CELEIRO, cuia primeira edición data de 1997, e que este ano 2013 foi declarada como FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA.

 

AXC COLECTIVO CHILINDRÍN DE CELEIRO.

No ano 2006 un grupo de chilindrís constitúen unha asociación que presenta como principais fins promover  e promocionar o deporte entre a mocidade e en especial o fútbol, promover a cultura e traballar pola eliminación da violencia no deporte e demáis sectores da sociedade.

Nace a Asociación baixo a presidencia de Breixo Buján Balseiro, presidente actual da mesma. David Cotelo, Bernardo Fraga, Pablo Piñeiro, Marcos Piñón ou Borja Fraga son algúns dos integrantes iniciais que puxeron en funcionamento a Asociación.

A asociación noméana como COLECTIVO CHILINDRÍN e crean un logotipo composto por dous “C” pegados polas costas en tonos azuis e vermellos cunha forma perfectamente circular.

Son diversas as actividades que coordinou a asociación na súa andadura, entre elas as Xornadas de Convivencia con outras asociacións de A Mariña e o anual e xa tradicional Encontro Chilindrín, aínda que o seu máximo logro é a organización do FESTIVAL ARREAOCABO de Celeiro, festival xa consolidado na mariña e que cada ano recibe un maior número de participantes. O nome, proposto por David Cotelo, identifica claramente a un pobo mariñeiro e relacionase de xeito direto coa cultura mariñeiro. No ano 2013 levouse a cabo a oitava edición do mesmo. 

OBXECTIVOS COMÚNS

Dende o ano 2011 as dúas Asociacións, compostas case na súa totalidade pola mesma directiva, traballan conxuntamente para acadar os obxectivos que os seus estatutos definen e promocionar o deporte e a cultura no ámbito de influencia das mesmas, sendo os seus máximos logros O FESTIVAL ARREAOCABO e A FESTA DA MERLUZA DO PINCHO DE CELEIRO, ademáis de manter o mesmo espíritu de fomentar o deporte e a cultura a traves des tódalas suas actividades.

Copyright © Chilindrin Penalba.