RECUPERACIÓN DO REMO NA RÍA DE VIVEIRO

 

A Cofradía de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro procede a por en funcionamento un proxecto de coñecemento e desenrolo do remo na Ría de Viveiro. O proxecto realizase en colaboración coa ACD PENALBA de Celeiro, asociación cultural sen ánimo de lucro vinculada tanto á Cofradía de Pescadores como a Celeiro e que conta cun Clube de Remo cunhas moi boas perspectivas de futuro acadando en tempos pasados grandes logros.

O Porto de Celeiro, sendo un dos máis importantes da cornisa cantábrica, adicouse dende tempos remotos á pesca en todas as súas artes.

Dentro deste marco mariñeiro incentivar a cultura do mar, un dos tesouros máis preciados de Celeiro, é a máxima de todos os habitantes do pobo.

O REMO preséntase como unha actividade propia dun pobo mariñeiro e vinculase non só aos rapaces do pobo senón tamén aos maiores, que coa súa experiencia mostran o pasado e loitan porque os rapaces teñan un futuro.

O proxecto presentado pola Cofradía de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro coa colaboración da ACD PENALBA de Celeiro ten carácter plurianual, realizándose unha parte no ano 2013 e outra no 2014.

No ano 2013 realizouse un primeiro curso de formación en materia de remo, recuperación, divulgación e posta en valor do remo tradicional na ría de Viveiro.

No curso inclúense contidos teóricos e prácticos e amósase aos rapaces participantes a temática do remo. Os conceptos de remo, a historia da actividade, as traiñas e traiñeiriñas, un módulo de salvamento marítimo, forman parte dos contidos ensinados que, posteriormente póñense en práctica.

As clases foron impartidas por Jesús Fernández Fernández (entrenador titulado de remo), Bernardo Fraga Galdo (Arquitecto Técnico con máster en prevención de riscos laborais) e Pablo Piñeiro Rey (encargado do Clube de Remo de Celeiro). Un mariñeiro-remeiro, Antonio Fernández Fernánez, acudiu un dos días do curso a dar unha charla maxistral aos rapaces mostrando así a súa experiencia nos dous lados do remo, como deporte e como actividade laboral.

Unha vez que as clases prácticas acabaron (impartíronse os días 20-23-24-25 e 26 de setembro) procedeuse, o día 27 de setembro, a por en práctica os coñecementos acadados.

 

Xustificación da necesidade do proxecto

 

Promoción da cohesión social: O mar e a súa cultura foron, son e serán un punto de unión entre os habitantes dos pobos mariñeiros. O potenciar o coñecemento do mesmo xera a unión entre as diferentes idades e profesións do pobo, relacionadas case todas elas co mundo mariñeiro: redeiros, mariñeiros, mariscadores, traballadores das conserveiras,…

Fomento da sociedade da información e as novas tecnoloxías: É importante dende a entidade non só potenciar a cohesión social a través de actividades “in situ”, senón tamén mediante publicidade e os novos medios de comunicación social, as redes sociales, unha páxina web, facebook,  twiter e demáis redes logran chegar a un número de cidadáns doutro xeito imposible de acadar. A publicidade que se fai a través destos medios xera un casi absoluto éxito nas actividades plantexadas e desenvolvidas.

Fomento da igualdade de oportunidades: O mundo mariñeiro, tradicionalmente masculino, comeza a introducir, pouco a pouco, nos seus diferentes ámbitos á muller. O potenciar as diferentes actividades a levar a cabo e dirixilas a todos os sectores, ramas e ámbitos da poboación xeran a participación tanto de homes como de mulleres nas mesmas e logran un dos obxectivos máis importantes das políticas sociais do momento, a igualdade de oportunidades.

Fomento da cooperación e da participación: A divulgación das actividades a través da publicidade logra a participación do pobo enteiro nas mesmas, involucrándose dun xeito absoluto en todo o relacionado. Sendo o mar o tema clave das actividades e debido á cultura mariñeira existente no pobo de Celeiro a cooperación e necesaria e fundamental para a boa marcha non só do proxecto senón de toda a actividade. Ademais a participación aberta a visitantes fomentará un atractivo turístico máis, para o Concello de Viveiro.

Xustificación da necesidade do proxecto

 

  1. Dar a coñecer a cultura do remo e o seu desenvolvemento.
  2. Dar a coñecer o tipo de embarcacións tradicionais propias do remo: bateis, traiñeiriñas e traiñas.
  3. Divulgar o deporte tradicional galego: Remo.
  4. Potenciar o contacto da poboación mais nova co deporte tradicional relacionado co mar.
  5. Potenciar o contacto da poboación máis nova co remo.
  6. Formar en materia de coñecemento e funcionamento de embarcacións de pesca e de recreo tradicionais.
  7. Incentivar o turismo en contacto co mar.
  8. Formar en materia de pesca tradicional.
  9. Realizar cursos de aprendizaxe en materia de remo en embarcacións tradicionais, bateis, traiñeiras e traiñas.
  10. Fomentar a participación de mariñeiros con experiencia na actividade.

Copyright © Chilindrin Penalba.